“Contra o cancro de colon, séntate”

PONTEVEDRA> O cancro de colon afecta cada ano a máis de 37.000 persoas en España. Por iso, a Asociación Española Contra o Cancro decidiu saír esta mañá a rúa co obxectivo de informar e concienciar aos cidadáns sobre a prevención desta enfermidade.

“Contra o cancro de colon, séntate”. Ese é o lema co que saíron a rúa esta mañá os voluntarios da Asociación Española Contra o Cancro para informar e concienciar ás persoas de máis de 50 anos sobre a prevención desta enfermidade.

O cancro de colon afecta en España a máis de 37.000 persoas, pero é unha enfermidade que se pode curar no 90% dos casos detectados a tempo. Por iso é tan importante que a xente coñeza o funcionamento da proba de prevención.

Falta de información, ese é o motivo principal polo que morren ao ano máis de 15.000 persoas en España a causa do cáncer de colon.

A proba de detección precoz do cáncer de cancro é hixiénica, sinxela, rápida e indolora, e faise simplemente sentándose no retrete.

Comments are closed.