PONTEVEDRA> Pontevedra xa ten listo o proxecto para o futuro pavillón de tenis de mesa que se localizará no barrio de Monte Porreiro. A nova infraestrutura terá unha superficie de 3.600 metros cadrados e estará soterrada para conseguir as condicións óptimas para a práctica desta disciplina. Na superficie, crearase unha gran praza pública de 5.000 metros cadrados. O obxectivo é adxudicar o proxecto despois do verán.
Pontevedra xa ten listo o proxecto para o futuro pavillón de tenis de mesa. Unha infraestrutura que terá unha superficie de máis de 3.600 metros cadrados e dúas alturas.
O edificio estará soterrado e accederase a el a través dun ascensor. Apostará pola enerxía renovable, cun sistema de aerotermia e paneis fotovoltaicos.
No exterior, en superficie crearase unha gran praza pública, de máis de 5.000 metros cadrados. Contará con zonas de estar axardinadas, unha pista multideporte e unha pérgola de 600 metros cadrados. Poderase chegar a ela dende as rúas Bélxica e Reino Unido.
En canto ao orzamento, o proxecto terá un custo de 6,4 millóns de euros. Deles, 4 millóns destinaranse á construción do pavillón. Os restantes, á actuación na praza da superficie. Inicialmente, financiarase un 60% cos fondos europeos EDIL. Así as cousas, o goberno local agarda contar co apoio da Xunta de Galicia.
A previsión do goberno local é licitar os traballos en abril para poder pechar a execución no mes de outubro.