Os pequenos de Pontevedra volven ao cole con “total normalidade”

Pontevedra. 8 mil nenos de educación infantil e primaria iniciaron hoxe a súa volta ao cole no concello de Pontevedra. Unha volta ao cole que se viviu con normalidade. O alcalde e a concelleira de Educación visitaron nesta xornada o CEIP de Campolongo, un centro que neste ano se unirá ao plan revitaliza coa compostaxe a través do comedor escolar e tamén coa creación dunha horta ecolóxica.

Volver a comezar outra vez, volver a estrear zapatos e libros, volver a atopar aos novos amigos… parece que chega setembro e que todos temos esa canción metida na cabeza, e hoxe, 8 mil escolares de educación infantil e primaria protagonizaron a súa volta ao cole. Esta mañá o alcalde de Pontevedra e a concelleira de Educación visitaron nesta xornada o CEIP de Campolongo…

Un centro que comezou, ao igual que o resto de Pontevedra, con total normalidade…

Un centro que neste ano se unirá ao Plan Revitaliza

Dende o Goberno Local destacaron que todas as obras realizadas durante o verán, polo concello,  nos centros de Pontevedra está rematadas en tempo e forma.

O alcalde puido conversar tranquilamente cos alumnos de quinto de primaria, quenes lle contaron que tal foron as súas vacacións. Dende mañá normalidade nas aulas, a todas a e todos feliz volta ao cole!!!