Os camioneiros de Ence mobilízanse en Pontevedra

PONTEVEDRA> Centos de camioneiros de Ence mobilizáronse esta tarde en Pontevedra. Co obxectivo de facer visible o impacto que podería ter o peche da fábrica en Lourizán, os operarios percorreron a cidade nos seus vehículos.

Tras as prohibicións por parte da Subdelegación do Goberno que impedían a circulación dos transportistas polo casco urbano, os traballadores dividíronse en dous grupos.

O primeiro, os vehículos de menos de 10 toneladas que circularon polo centro da cidade. O segundo grupo, os dos camións máis pesados, finalmente mobilizáronse pola autovía.

Os transportistas concentráronse ao final do percorrido no porto de Marín.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí