9 exposicións conforman o programa do Ano do Patrimonio no Museo

Pontevedra> 9 exposicións, música e outras temáticas encherán de contido este Ano do Patrimonio no Museo de Pontevedra. Un ano moi relevante que, segundo o deputado da área de Cultura, contará coa presenza de artistas moi consolidados coa conxunción dos novos valores na cidade. Dende a Deputación xa adiantaron esta mañá que van a crear un consello asesor co fin de levar a cabo diferentes accións vencelladas co museo. 

 

Este 2017 será o ano do Patrimonio no Museo de Pontevedra, un ano no que este centro de arte acollerá 9 exposicións. A primeira dará comezo no mes de febreiro e estará centrada nas persoas con discapacidade visual. 

A esta exposición seguiralle unha mostra a cargo de Miguel Vidal tamén no mes de febreiro. Xa en abril chegará a exposición antolóxica de Luis Caruncho. En xuño aterrará no museo a mostra resultante do traballo de creación contemporánea de fin de master da Facultade de Belas Artes. En xullo o protagonismo chegará da man dun monográfico de Manolo Montes e neste mesmo mes tamén se presentará a mostra de novos valores. Outubro chegará pisando forte cunha exposición monográfica da figura de María Viñáls. E novembro aterrará cunha gran retrospectiva de Jorge Castillo. Con todo dende a Deputación quixeron destacar o enorme traballo que dende o museo realizan para traer obras de artistas xa consolidades e das novos valores nesta materia. 

Dende a área cultural da Deputación anunciaron que teñen a intención de xerar un consello asesor para levar a cabo diferentes avances en relación a apertura de novos edificios do Museo, a reestruturación dos espazos ou o logo deste importante punto da cidade. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/18/programacion_museo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/18/programacion_museo.mp4{/flowplayer}