O Auditorio de Vilagarcía acollerá este sábado o Festival Benéfico

    VILAGARCIA> Este sábado teñen unha cita, por unha boa causa, no Auditorio de Vilagarcía. O  Festival Benéfico en favor dos máis necesitados da parroquia, exponse como unha mostra de solidariedade cos máis desfavorecidos, e como unha cura contra a tristeza. 

     

    O Festival Benéfico en favor dos máis necesitados chega ao Auditorio de Vilagarcía para recaudar cartos para axudar a aqueles que máis o necesitan. 

    Unha opción para a noitiña do sábado no que os asistentes poderán gozar coa actuación dos “Amigos do Acordeón Rías Baixas”.

    E para os que gusten máis da comedia teatral, as mulleres da Asociación “O Noso Lar” realizarán a obra “A prancha da Marquesa” ca que a bo seguro lles arrincaran algún que outro sorriso. 

    Os que se decidan a asistir, saiban que poderán mercalas entradas en establecementos como Mavic, Costureiro ou Motobazar, entre outros, ademais de poder mercala na billeteira do Auditorio o propio sábado dende as 18:00 horas. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/18/ptac_noso_lar_acordeon_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/18/ptac_noso_lar_acordeon.mp4{/flowplayer}