As chaves de Santa Clara xa son do Museo de Pontevedra

PONTEVEDRA> Dende hoxe si. Santa Clara xa pertence ao Museo de Pontevedra. Este mediodía a igrexa do convento acolleu un acto simbólico: a entrega por parte do concello á Deputación das chaves do conxunto. Un día que todas as partes cualificaron como histórico. Consideran que é un paso máis para converter o Museo na grande referencia en Galicia.

Esta mañá viviuse un novo día histórico dende que Santa Clara se incorporaba a finais do 2021 ao patrimonio público de Pontevedra. Hoxe a igrexa do convento acolleu o acto simbólico no que o concello entregou as chaves á Deputación. Pechando así a súa incorporación ao Museo de Pontevedra.

Todas as partes consideran que este acordo é un paso adiante na consecución do gran Museo de Pontevedra e para consolidalo como o gran referente dos museos de Galicia.
Pero para seguir avanzando será necesario un importante esforzo económico, máis aló do xa realizado ata o de agora. Recordemos que a compra de Santa Clara supuxo un desembolso de 3,2 milóns de euros ao concello de Pontevedra.

Segundo o acordo asinado entre o concello de Pontevedra e a Deputación para a cesión, o concello terá acceso a parte dos xardíns e tamén poderá usar a igrexa do convento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí