Pontevedra busca unha nova imaxe que recolla os cambios dos últimos vinte anos

PONTEVEDRA> Pontevedra quere mudar a súa imaxe. O concello convocará un concurso aberto para elaborar a nova imaxe corporativa ao longo deste 2021. O goberno local busca que as propostas recollan os cambios vividos pola cidade nos últimos anos, presentándoa como unha vila innovadora e de vangarda e que represente aos veciños dos diferentes barrios.

Pontevedra busca a súa nova imaxe corporativa. O concello vai convocar un concurso para mudar a actual, unha adaptación do tradicional escudo da vila do ano 2002.

Segundo Gulías, esta nova imaxe corporativa tamén tería que recoller o compromiso de Pontevedra co medio ambiente e o seu coidado, así como incorporar as múltiples miradas que ten a vila.

O concurso estará dividido en dúas partes. Na primeira, os estudos que queiran optar deberán presentar un portfolio anónimo que non inclúa outros traballos realizados para o concello. De aquí sairán elixidas catro empresas.

Estas catro empresas recibirán 600 euros para cubrir os gastos do deseño, mentres que a gañadora terá un contrato de 12.000 para desenvolver o manual do deseño corporativo de Pontevedra. Da selección encargarase un xurado formado por persoal do concello e un comité de expertos. Ademais, non desbotan realizar unha consulta á veciñanza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí