Abre a escola infantil da Tomada con doce usuarios

POBRA> A escola infantil da Tomada xa está en marcha. A gardería do polígono pobrense abriu as súas portas este xoves cunha ducia de usuarios. Está previsto que nos próximos meses, o número de nenos poida aumentar ata as corenta prazas dispoñibles na actualidades.

Estes son os primeiros usuarios da escola infantil da Tomada. Tras anos de trámites, permisos e busca de financiamento a asociación de empresarios do polígono da Pobra conseguiu levar a cabo un dos seus proxectos estrela: unha gardería para facilitar a conciliación familiar e laboral dos traballadores.

Nesta posta en marcha conta xa cunha ducia de usuarios; cifra que previsiblemente se incrementará nos vindeiros meses dada as numerosas solicitudes de información rexistradas no centro.

Unha empresa pobrense é a encargada de xestionar este servizo que non se dirixe exclusivamente a traballadores do polígono, aínda que estes terán subvencións nas tarifas.

Os interesados en obter máis información sobre os prezos ou coñecer as instalacións tan só teñen que pasarse pola escola situada no polígono.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí