POBRA> A asociación de empresarios da Pobra vén de subscribir dous convenios de colaboración. Un deles con Jealsa que facilitará o acceso a descontos para os empregados da firma conserveira. O outro acordo, asinado co BBVA, suporá importantes vantaxes para os asociados.
A plataforma Jealsa Culb que vén de poñer en marcha o grupo Jealsa Rianxeira a través dunha app permitirá ós seus empregados beneficiarse de descontos en distintos comercios da comarca. A asociación de empresarios da Pobra asinou un convenio coa firma conserveira para que os seus asociados poidan utilizar esta nova canle de venda.
Por outra banda, a patronal pobrense asinou outro convenio co BBVA. A entidade bancaria ofrece condicións vantaxosas ós asociados á hora de acceder a liñas de préstamos e outros produtos financeiros.