O parque forestal de A Tomba estará encamiñado en outubro deste ano

Pontevedra>Esta mañá o concelleiro do Rural en Pontevedra visitou os terreos do futuro parque forestal de A Tomba en Campañó. Un espazo que dende o concello agardan ter encamiñado para finais deste ano e que se converterá no souto máis grande da nosa comunidade. 

 

A comunidade de Montes de Campaño xa iniciou os trámites para poñer a disposición do concello os terreos para o futuro parque forestal de A Tomba. Un espazo de 60 hectáreas que esta mañá visistou o concelleiro de Medio Rural. Este parque contará con 15 quilómetros de sendas peonís e se converterá no souto máis grande de toda Galicia. 

Segundo o concelleiro de Medio Rural de Pontevedra este parque situado a 4 quilómetros da Praza da Peregrina é un exemplo de política forestal a seguir en todo o país. 

Este parque forestal de A Tomba contará cun investimento de 400 mil euros por parte do concello. Dende o Goberno Local manterán a vindeira semana unha reunión coa comunidade de Montes de Campañó co fin de poder avanzar na redacción deste dese plan. O concelleiro do rural agarda que no mes de outubro deste 2017o proxecto xa esté avanzado e os veciños poidan xa desfrutar do souto máis grande de Galicia, deste parque foresta de A Tomba. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/19/a_tomba_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/19/a_tomba.mp4{/flowplayer}