Unha furgoneta impacta coa terraza dunha panadería tras un accidente de circulación

PONTEVEDRA> Unha furgoneta impactou esta mañá contra a terraza dunha coñecida panadería do centro da cidade tras chocar con outro vehículo. Os feitos producíronse sobre á 13:00 horas na intersección entre a rúa Joaquín Costa e Uxío Novoneyra. Por sorte, non houbo que lamentar danos persoais.

Así quedou a terraza desta panadería tras sufrir, esta mañá, o impacto dunha furgoneta. O vehículo, ao verse implicado nun accidente de circulación, perdeu o control, invadiu a beirarrúa e terminou levándose por diante varias mesas e cadeiras deste establecemento. Os feitos producíronse sobre á 13:00 horas. Momento no que esta terraza estaba chea.

A muller que conducía a furgoneta resultou ferida leve e tivo que ser traslada ao Hospital Quirón Salud Miguel Domínguez de Pontevedra. Por sorte, non houbo que lamentar máis danos persoais e todo quedou nun gran susto.