PONTEVEDRA> As obras dos viais perimetrais da praza de Barcelos, en Pontevedra, avanzan dentro do prazo. Unha semana despois do inicio dos traballos, a actuación céntrase na colocación dunha nova tubaxe para canalizar augas. As pezas son máis respectuosas co medio ambiente, feitas nun 60% con materiais reciclados.
As obras nos viais perimetrais da praza de Barcelos avanzan segundo o previsto. Unha semana despois do inicio dos traballos dende o concello de Pontevedra están satisfeitos, aínda que son prudentes en canto aos prazos.
Nesta primeira fase, os traballos céntranse agora na instalación das novas tubaxes de canalización da auga. Son pezas de PVC, máis respectuosas co medio ambiente.
As obras teñen un orzamento de 1,9 millóns de euros e están divididas en dez fases, cun prazo de execución total dun ano. A pesares do avance dos traballos, dende o concello recordan que sempre será posible o acceso ao aparcadoiro soterrado e que se respectarán as necesidades comerciais dos establecementos da zona.