Pontevedra reabre a súa casa consistorial reivindicando os servidores públicos

PONTEVEDRA> A reforma da casa do concello inaugurábase o pasado venres, nun acto no que ademais do actual alcalde asistiron os outros dous rexedores vivos da Democracia. Tamén un cento de concelleiros das distintas corporacións. Na reapertura do consistorio, Miguel Anxo Fernández Lores aproveitou para reivindicar a figura dos políticos como servidores públicos.

25 anos despois Pontevedra volve contar cunha Casa do Concello a pleno rendemento. O consistorio, deseñado por Alejandro Sesmero e aberto en 1880, foi reinagurado logo das obras de reforma. Ao acto asistiron máis dun cento de edís das sucesivas corporacións democráticas, así como os tres alcaldes vivos deste período: Rivas Fontán, Pedrosa e Lores.

Aproveitou o acto para reivindicar o traballo feito por todos os presentes a prol do servizo público.

O rexedor tamén bromeu coa tardanza deste proxecto, que mantivo sen uso durante 25 anos este salón de plenos.

Unha chiscadela á que tamén se sumou no seu discurso o seu antecesor no cargo, o que fora alcalde entre o 95 e 99 Juann Luis Pedrosa.

Pedrosa tivo tamén unha lembranza para todos os funcionarios e servidores que pasaron por este concello. Na mesma liña, o primeiro alcalde da Democracia, Ribas Fontán, que tivo tamén palabras de recordo para os que xa non están.

O acto tamén estaban convidados, aínda que non asistiron, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o expresidente do goberno, Mariano Rajoy, por ter sido tamén concelleiros en Pontevedra. A reapertura do consistorio rematou co Himno Galego e unha foto de familia.