Os traballadores de Ence convocan unha nova mobilización fronte a Delegación do Goberno da Coruña

PONTEVEDRA> Os traballadores de Ence volverán a manifestarse este venres en contra do artigo 18 da Lei do Cambio Climático. Farano despois de manter unha reunión co PSdeG o pasado 1 de febreiro. As conclusións dese encontro non foron moi positivas para os operarios.

O pasado 1 de febreiro, representantes dos traballadores de Ence mantiveron unha reunión con varios membros do PSdeG. Entre eles, o secretario xeral Gonzalo Caballero e a deputada Paloma Castro. O encontro non rematou da mellor maneira para os operarios xa que os socialistas deixaron claro que o futuro da empresa dependía da sentenza sobre a prórroga concedida polo Goberno de Mariano Rajoy.

No encontro, o PSdeG tamén defendeu a posibilidade de trasladar a pasteira xa que segundo eles, non hai motivos para que a fábrica estea cerca dunha gran masa de auga.

Tras o fracaso deste encontro e, tras o silencio demostrado por parte do Goberno do Estado, os traballadores de Ence decidiron volver a manifestarse. Farano este venres, cunha marcha que sairá ás 10:00h dende o porto de Marín cara a Delegación de Goberno da Coruña.

Os traballadores de Ence volverán a saír a rúa tamén o sábado 27. Nesa ocasión será cunha marcha que partirá a pé dende a pasteira ata a sede do PSdeG en Santiago de Compostela.