PONTEVEDRA> As obras do parque infantil de Médico Ballina están xa na recta final. O Concello de Pontevedra anunciou que estes traballos estarán rematados a finais de mes. Uns traballos nos que se inclúen ás diversas peticións da veciñanza.
O parque infantil de Médico Ballina abrirá as súas portas a finais de xuño. Así o confirmou o concelleiro de Desenvolvemento Sostible de Pontevedra. As obras entraron xa na última fase coa instalación dos diversos elementos de xogo e co acondicionamento do chan. Os traballos estaba previsto que rematasen no mes de maio pero o estado de alarma demorou a súa apertura. Na cal, haberá varias novidades con respecto ao proxecto inicial.
No parque haberá unha zona de descanso no propio acceso e outra área con diversos xogos infantís. Entre eles, unha tirolesa e un pórtico de randeeiras con dúas cadeiras planas. O Concello agarda agora ás directrices do Goberno para abrir as portas de todos os parques da cidade.
Se non hai ningún imprevisto, os veciños desta zona poderían desfrutar deste parque a finais de mes. Unha parcela de case 1.200 metros cadrados e na que se inverteron 157.000 euros.