M. Durán: ‘Trátase dun presuposto inflado, electoralista e pouco realista’

POBRA> O Partido Popular reafirma a súa decisión de votar en contra dos orzamentos municipais, aprobados en pleno, de xeito inicial, o pasado martes.

Para os populares trátase dun presuposto inflado, electoralista e pouco realista, xa que non se atenderán ás principais eivas que presenta o municipio.

O PP tamén denuncia a tardanza en presentar o documento orzamentario, a escasos meses de pechar o ano.

O PP denunciou o elevado gasto en persoal e gasto corrente, partidas ambas que se ven incrementadas notablemente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí