POIO> Con motivo da reapertura da Área de Rehabilitación Integral de Combarro, o Concello de Poio pon en marcha unha iniciativa na que une o patrimonio da vila, a concienciación sobre o aforro enerxético e o deporte. Un maratón de pedaleo e a primeira carreira pedestre que rematarán coa iluminación da fronte marítima de Combarro gracias a enerxía xerada polos propios veciños.
Despois de tres anos pechada, a oficina da Área de Rehabilitación Integral de Combarro pónse de novo en marcha e faino da man dun evento deportivo creado para unir o Patrimonio, Deporte e Concienciación.
Activa Combarro terá lugar o próximo sábado e comezará cunha pedalada enerxética na que por medio dunhas bicicletas conectadas a un alternador e a unhas baterías lograrán xerar mediante o exercicio físico enerxía suficiente como para dar luz a unha zona da vila.
Ademais da pedalada coa que pretenden concienciar sobre o aforro enerxético, o evento complétase cunha carreira pedestre polas rúas do casco histórico para pór en valor tamén o seu patrimonio. Cun recorrido de 4 km e medio, para inscribirse só deben aportar un quilo de comida que se doará posteriormente ao banco de alimentos.
Para pechar o evento e coa enerxía acumulada durante toda a xornada darase luz á fronte marítima de Combarro centrándose na imaxe dos hórreos, símbolos da vila.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/28/activa_combarro.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/28/activa_combarro.mp4{/flowplayer}