A comunidade educativa do IES Número 1 recolleu xoguetes para Cruz Vermella

RIBEIRA> Un cento de nenos de Ribeira vivirán este ano un Nadal máis feliz grazas á campaña de recollida de xoguetes desenvolvida polo IES Número Un. Será a Cruz Vermella a encargada de repartir felicidade en forma de xoguete.

En tan só dúas semanas, o Instituto Número Un foi quen de recadar todos estes xoguetes con fins solidarios. Ademais do alumnado que se volcou coa iniciativa, destaca a implicación de toda a comunidade educativa. Pais, mestres e persoal non docente fixeron a súa aportación para que ningún neno quede sen xoguete este Nadal.

Os coordinadores da iniciativa amosaron a súa satisfacción ante a boa resposta da campaña que xa leva desenvolvéndose dende hai varios anos. Algunhas aulas optaron por mercar xoguetes novos coa aportación dun euro por cada alumno. Tamén se recolleron xoguetes de segunda man pero que locen coma novos grazas ó traballo dos colaboradores.

Esta mañá, os voluntarios de Cruz Vermnella procederon á recollida dos xoguetes. Agora, faranos chegar a Papá Noel e os Reis Magos para que repartan ilusión entre os que máis a necesitan.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí