A POBRA> O Conselleiro de Sanidade visitou as instalacións de Congalsa, na Pobra, para coñecer as medidas adoptadas pola empresa para favorecer a saúde no ámbito laboral. Ademais de fomentar o uso das escaleiras e o reparto de froita, a firma pobrense promove numerosas actividades deportivas.
Ademais dos estritos estándares de calidade que aplica nos seus procesos de produción, cumprindo rigorosamente coa normativa sanitaria, Congalsa leva tempo apostando tamén por favorecer a saúde no entorno laboral. Son moitas as medidas que ten implementado neste sentido como o fomento do uso das escaleiras en lugar do ascensor ou o reparto de froita semanal.
O Conselleiro de Sanidade, acompañado da directora xeral de Sáude Pública, Carmen Durán, coñeceu de primeira man as medidas adoptadas por Congalsa, que encaixan coa filosofía do Plan Obesidade 0 que promove a Xunta.
Durante a súa visita, o Conselleiro de Sanidade tivo ocasión de asinar no libro de honra da empresa e recibiu un agasallo conmemorativo da man do seu director.