O composteiro do campus xa está en funcionamento

Pontevedra> Os alumnos do Instituto A Xunqueira 2 en Pontevedra están participando nesta semana no programa Froita fresca na escola. Unha actividade que ten como fin crear hábitos saudables nos estudantes. Os mozos deste centro poden coller a froita de xeito gratuíto. Sorprendentemente para este instituto a mazá e un dos froitos que máis éxito ten.

 

Por segundo ano consecutivo o Instituto da Xunqueira dous participa no programa Froita Fresca na escola. Unha actividade que impulsan dende a Consellería de Medio Rural a través do fondo galego de garantía agraria. O obxectivo principal que busca esta actividade é o de crear hábitos saudables dentro do alumnado. 

Os mozos deste centro teñen para elexir de xeito gratuíto cada día no recreo entre 4 froitas diferentes. 

E os estutantes están encantados con esta iniciativa 

Aínda que son moitos os alumnos que aseguran que a froita voa en segundos, como non te des presa non chegas a coller nada… 

Esta actividade de Froita fresca na escola continuará ata este venres 27 de xaneiro, logo dun pequeno descanso retomarase en febreiro do 13 ao 24 e volverá en marzo do 6 ao 17. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/25/composteiro_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/25/composteiro.mp4{/flowplayer}