O Mosteiro de Poio acolle unha nova exposición de Diego de Giráldez

POIO> O Mosteiro de Poio acolle, dende hoxe, unha mostra de Diego de Giráldez. Unha exposición formada por 15 cadros e unha escultura que estará dispoñible ata o mes de outubro.

Esta é a nova mostra de Diego de Giráldez. O pintor da Cañiza volve a expoñer parte da súa obra no Mosteiro de Poio. Algo que leva facendo xa dende hai 36 anos. Unha exposición baseada na corrente NAS: Naturalismo, Abstracción e Surrealismo.

A exposición de Diego de Giráldez está composta por un total de 15 pinturas e unha escultura.

Esta mostra estará dispoñible no Mosteiro de Poio ata o mes de outubro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí