A falta de materiais paraliza as obras do edificio da estación de autobuses

PONTEVEDRA> Pontevedra terá que agardar para ver rematadas as obras da estación intermodal. A escasez de materiais que se está a sufrir a nivel internacional obrigou a paralizar onte os traballos do edificio da estación de autobuses e fai que a data de finalización sexa unha incógnita. Si avanzan as obras no exterior. De feito, hoxe entrou en funcionamento o vial de acceso dende a avenida Josefina Arruti.

Non hai data de finalización para as obras da estación intermodal de Pontevedra. Os traballos sofren un novo retraso, desta volta pola escaseza internacional de materiais que afecta á construción. De feito, a intervención no edificio da estación de autobuses está paralizada dende onte.

Este problema non afecta, cando menos polo de momento, aos traballos no exterior. Estanse a pavimentar as dársenas e pronto comezará a intervención na contorna do río dos Gafos, coa súa apertura e a instalación dunha pasarela peonil. Será posible grazas a que dende hoxe xa está aberto ao tráfico o vial de acceso á estación dende a avenida Josefina Arruti,

Dende o concello poñen esta obra como exemplo de colaboración entre as administracións.

Aínda que para a finalización das obras do edificio central non hai data, dende a Consellería agardan que o resto da intervención estea rematada a finais do mes de outubro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí