450 ciclistas competirán na volta da Mini BTT Concello de Poio

POIO> O concello de Poio recupera unha das súas probas deportivas máis exitosas. Esta fin de semana volve a Mini BTT; unha sexta edición que se desenvolverá con estritas medidas de seguridade anticovid. A convocatoria foi todo un éxito: xa non hai prazas, e nela participarán 450 ciclistas de entre 5 e 13 anos.

Este domingo 13 de xuño o Monte Castrove volverá bulir de actividade deportiva. Poio recupera a Mini BTT, unha proba que cumpre a súa sexta edición con éxito de convocatoria. Xa non hai prazas, e nela participarán 450 ciclistas de entre 5 e 13 anos.

A competición comezará ás 10 da mañá e desenvolverase cumprindo estritos protocolos de seguridade fronte á covid19. De feito, non poderá haber público.

A concelleira de deportes destacou tamén o compromiso do concello coa seguridade sanitaria. Iso si, Marga Caldas amosouse satisfeita por poder recuperar paso a paso a normalidade.

Probas coma esta demostrar a paixón pola BTT que hai en Poio. Tanto é así que dende o Poio Bike Club anunciaron que pronto crearán o primeiro equipo de ciclocross da provincia de Pontevedra. Marga Caldas celebrou esta decisión e recordou o compromiso do concello de crear un circuíto BTT en Combarro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí