O Sergas faise cargo do mantemento dos centros de saúde de Poio e Ribadumia

Pontevedra> Cita importante do Conselleiro de Sanidade a desta tarde na delegación da Xunta en Pontevedra. Alí Jesús Vázquez asinou os convenios cos concellos de Poio e Ribadumia mediante os cales o Sergas asumirá os custos de mantemento dos centros de saúde destas localidades. Poio e Ribadumia agradeceron esta medida adoptada pola consellería que suporá un importante desafogo para as arcas municipais. 

 

Tarde de sinaturas importantes para Poio e Ribadumia xa que na delegación da Xunta de Pontevedra asinario o convenio ca consellería de Sanidade  mediante a cal a Xunta faise cargo do mantemento dos centros de saúde destas dúas localidades. Unha medida que agradeceron notablemente dende estes dous municipios. 

Ademais de agradecementos dende Poio chegaron tamén cunha petición. 

O conselleiro tomou boa nota desta petición e ademais anunciou que ten a intención de poñerse a traballar para que os centros de sanidade, ao igual que outros espazos, estean exentos de pagar o Imposto de Bens Inmobles. 

Estes convenio enmárcanse dentro do Pacto Local, que recolle unha serie de actuacións entre as que se inclúe a asunción dos custos de mantemento de centros de saúde actualmente a cargo dos concellos. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/27/sinatura_concellos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/27/sinatura_concellos.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí