A Audiencia Provincial reabre o caso dos insultos á presidenta da Deputación

Pontevedra> A Audiencia provincial reabre o caso dos insultos machistas por parte dun ex concelleiro do PP de Moraña á presidenta da Deputación. Carmela Silva amosouse esta mañá satisfeita con esta medida, pero non por ela, senón por ser así capaz a darlle voz a centos de mulleres que sofren este tipo de acosos a través das redes sociais. 

 

O xulgado de instrucción número 3 de Pontevedra, especializado en violencia de xénero, decidíu no seu día arquivar a causa dos insultos dun ex concelleiro do PP de Moraña a presidenta da Deputación ao considerar que os termos mala zorra, furcia, hija de puta e sinvergüenza  proferidos por este edil non son constitutivos de delito algún. Agora a Audiencia Provincial rectifica e reabre este caso ao considerar que a decisión de arquivar a denuncia foi precipitada ao non practicarse ningunha dilixencia de investigación. Carmela Silva amosouse esta mañá satisfeita con este feito xa que considera que a xustiza debe poñer límite a todo tipo de violencias machistas. 

A presidenta considera que a Audiencia fixo o que a xustiza debe facer. 

Carmela Silva considera fundamental sancionar este tipo de comportamentos, non por ela mesma, senón por todas as mulleres que dun xeito ou doutro sofren acoso na actualidade. 

A responsable da Deputación lamentou tamén o asasinato nas últimas horas dunha muller do Carballiño presuntamente asasinada polo seu marido. Silva lembrou que neste 2017 levamos seis vítimas por violencia de xénero e que a loita contra esta lacra debe de ser unha prioridade para as administracións públicas. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/30/reapertura_insultos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/30/reapertura_insultos.mp4{/flowplayer}