O programa Young Eurpeans in Sports chega a Pontevedra

Pontevedra> 16 alumnos franceses e 17 do instituto pontevedrés Valle Inclán participan no programa Young Europeans in Sports. Un evento financiado pola Unión Europea e que ten coma fin potenciar o deporte e a comida saudable entre os mozos. Esta mañá estes estudantes foron recibidos no concello de Pontevedra por concelleiras do Goberno Local. 

 

Young Europeans in sports, este é un proxecto de dous anos de duración no que participan un instituto de Francia e o pontevedrés Valle Inclán. Unha actividade financiada pola Unión Europea que ten como fin potenciar hábitos saudables e produtos da terra. Ao longo desta semana os estudantes poderán participar en numerosas actividades vencelladas co deporte. 

16 estudantes franceses participan nesta iniciativa e amosáronse encantados coa mesma

E tamén tivermos a oportunidade de falar con 3 dos 17 alumnos que irán a Francia no mes de abril, tamén moi contentos con este proxecto. 

Unha semana repleta de actividades para estes alumnos, unha delas, foi esta recepción que tivo lugar no concello de Pontevedra, onde o Goberno Local tivo a oportunidade de coñecer máis sobre este proxecto centrado no deporte. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/30/recepcion_erasmus_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/30/recepcion_erasmus.mp4{/flowplayer}