O Día Escolar da Non Violencia e da Paz enche o multiusos de Vilanova

    VILANOVA> Uns 800 escolares de Vilanova de Arousa déronse cita, este luns, no novo multiusos da localidade, para transmitir unha mensaxe clara, neste 30 de xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e da Paz. 

     

    Os máis cativos de Vilanova de Arousa comezaron a semana con moita alegría. Bailes e cánticos deixaron paso a moito apetito. E dirán vostedes, ¿que celebraban este tolos baixiños?, celebraban o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

    Uns 800 rapaces de todo o concello participaron nesta actividade, que ademais tiña un enfoque dobremente solidario, xa que os rapaces aportaron alimento non perecedoiros que foron doados a Cáritas Interparroquial de Arousa. 

    Ademais de isto, cada clase participante neste “macro acto”, que se celebrou no multiusos de Vilanova, deseñaron e pintaron unha das 52 pezas que integraron un colorido mural, no que claramente podíase ler a palabra “paz”, e identificar unha bola do mundo con moitos rapaces de diferentes nacionalidades cas súas mans entrelazadas. 

    Un bonito acto, que finalmente tivo que adaptarse as posibilidades do multiusos debido a que nun primeiro momento estaba pensado para realizarse no exterior. A pesar de este pequeno detalle, xa saben cousa do directo, os cativos pasárono en grande. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/30/dia_paz_vilanova_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/30/dia_paz_vilanova.mp4{/flowplayer}