María San Gil critica en Vilagarcía o desgoberno de Zapatero

    sangilvillagarcia_200307__100.jpgVILAGARCÍA > E despois de visitar Caldas, a presidenta dos populares vascos estivo en Vilagarcía de Arousa onde estivo…

    … arroupada por unha representación do PP vilagarcián e por Alberto Nuñez Feijoo. O motivo desta viaxe: participar na conferencia de Iniciativa 3 que leva por nome "Da derrota de ETA á negociación. Tres anos perdidos para a liberdade".

    O encontro entre os populares de Vilagarcía e a presidenta dos populares vascos tivo lugar nun ambiente distendido. No curto traxecto entre a sede do PP e o auditorio Alberto Núñez Feijoo, o candidato do PP á alcaldía Tomás Fole e a líder do partido popular no País Vasco, María San Gil intercambiaron impresións mentres paseaban pola vila. Eran os momentos previos ó foro Iniciativa 3 que promoven la Federación de Empresarios de la Comarca de Arousa, Faro de Vigo y Caixagalicia.

    Na charla, que tivo lugar no auditorio municipal, María San Gil falou da situación política no País Vasco e fixo un análise dos tres anos de goberno de Zapatero. San Gil continuou durante este mércores a súa visita a Galicia. A presidenta dos populares vascos visitará Santiago onde asistira a diferentes actos acompañada de Alberto Nuñéz Feijoo.

    Redacción Salnés