O PP pide ao goberno local que incorpore tres propostas sociais e económicas nos Orzamentos de 2021

PONTEVEDRA> O PP de Pontevedra compareceu hoxe en rolda de prensa para criticar o retraso na presentación dos Orzamentos municipais. Ademais de cuestionar esta lentitude, os populares esixiron ao goberno local que inclúa unha serie de propostas económicas e sociais nos presupostos de 2021.

O retraso na presentación dos Orzamentos municipais de 2021 levantou hoxe as críticas do PP. Rafa Domínguez cuestionou a capacidade do goberno local para elaborar os vindeiros presupostos e vinculou dito retraso cos roces que, segundo el, existen entre o bipartito.

En relación aos presupostos, Rafa Domínguez asegurou que o seu partido votará a favor destes orzamentos, sempre e cando o goberno local inclúa neles unha serie de propostas sociais e económicas. A primeira ten que ver coas axudas directas a autónomos, comerciantes e hostaleiros. Unhas subvencións dotadas con sete millóns de euros.

O voceiro popular volveu a esixir hoxe o incremento dos gastos sociais nos vindeiros orzamentos. En concreto, o PP pide destinar o 10% dos presupostos a esta partida.

Os populares tamén reiteraron a necesidade de abolir as taxas municipais por servizos que non se están prestando, como poden ser a auga ou o lixo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí