PONTEVEDRA> Continuamos agora co noso pequeno homenaxe a todos os premiados pola asociación Amigos de Pontevedra. Unha das persoas que recollerá este sábado este particular galardón é Montserrat Iglesias. Unha muller que dedica a súa vida ao fomento da cultura.
Que sería de nos sen a cultura, porque como dixo Antonio Machado en cuestións “de cultura e de saber, só se perde o que se garda e só se gaña o que se da”. Ese pensamento parece que estivo sempre moi presente na vida de Montserrat Iglesias. Unha muller dedicada ao fomento das humanidades, das ciencias e das artes. Tras pasar pola vicerreitoría de Cultura e Comunicación da Universidade Carlos III de Madrid e, tras asumir a dirección de cultura do instituto Cervantes, Montserrat pasou a dirixir o Instituto Nacional de Artes Escénicas e da Música. Unha etapa que significou moito para ela.
Tras 4 anos ao frente do Inaem, Montserrat Iglesias afronta agora outra etapa importante, e sempre ligada ao fomento da cultura.
Montserrat non deixou nunca de loitar polo desempeño de actividades culturais e aínda que cre que queda moito camiño por percorrer, asegura tamén que España é unha potencia neste eido.
O premio de Amigos de Pontevedra non é o primeiro que recibe Montserrat pero si o máis especial.
Asentada en Madrid dende hai anos, Montserrat asegura que se sinte moi orgullosa da cidade que a viu nacer, pero, o que non sabía era que a súa vila tamén estaba satisfeita da súa traxectoria e da súa contribución a Pontevedra.