Pontevedra> Os populares de Pontevedra falaron nesta xornada sobre a proposta socialista de negociar o traslado de ENCE. Dende as filas populares entenden que se trata dun engano dos socialistas, xa que todos sabemos que o traslado dunha empresa destas características é algo inviable. Rafa Domínguez non entende a razón pola cal os grupos políticos da cidade desexan o peche de empresas na capital de provincia.
Dende o PP non entende por qué o PSOE ten a intención de enganar á poboación con esta proposta de negociado do traslado de ENCE, cando saben que este cambio de ubicación é algo inviable.
Dende as filas do PP consideran que as familias dos traballadores da empresa ENCE precisan de máis respecto político e tamén teñen claro que dende o PP non se vai a tardar nin un minuto en falar do peche de ningunha fábrica en Pontevedra, nin da pasteira nin de ningunha outra.
Dende o PP de Pontevedra teñen claro, segundo dixeron esta mañá, que unha das súas prioridades é loitar por crear riqueza e non por ser cada día máis pobres.