O BNG da Pobra pide a revocación do pleno para retomar as negociacións

POBRA> O Goberno de Nós Pobra volve a tender a man ó BNG de cara a retomar as negociacións para un futuro acordo. Aínda así, este parece improbable, xa que para os nacionalista o acontecido no último pleno no que se aprobaron, coa súa ausencia, a dedicación exclusiva dunha edil e tamén a designación do persoal de confianza, foi un acto de clara usurpación da democracia .

Dende as filas nacionalistas negan que existan negociacións con Nós Pobra e co PSOE para participar no goberno municipal. para eles a prioridade é restituir a democracia do Concello.

Por esta razón os nacionalistas pídenlle a revocación dos acordos tomados no último pleno, un paso para eles imprescindible para volver a retomar as negociacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí