BOIRO> O executivo boirense destaca o boa marcha das obras da nova sede do Club de Remo de Cabo de Cruz. Dende o Concello confían en cumprir os prazos previstos de execución e que poidan estar rematadas no Nadal.
Dende o Concello destacaron a importancia desta actuación que virá a satisfacer unha demanda histórica do Club de Remo Cabo de Cruz, unha entidade que compite na elite do remo a nivel nacional.
Cun orzamento de 1’2 millóns de euros, a futura sede do Club ocupará unha superficie aproximada duns dous mil metros cadrados, en dous andares. Entre outras características, o edificio contará con almacén para embarcacións, un foso de adestramento, do que carecía, e un ximnasio.