CAMBADOS> Cambados súmase á loita contra a pobreza enerxética. A vila vén de adherirse ao convenio coa Federación Galega de Municipios e Provincias que busca garantir o subministro de luz e gas a familias con escasos recursos. Dende o concello matizan que o seu departamento de Servizos Sociais leva dende o 2015 cumprindo este compromiso, que beneficia a máis dun cento de fogares.
Que ningún fogar cambadés quede sen luz ou sen gas é un dos obxectivos principais do goberno da vila. O concello anunciaba esta mañá a súa adhesión a un convenio da Fegamp coas compañías eléctricas para evitar os cortes destes servizos por impago.
Este tempo de dous meses é a principal vantaxe que o convenio ten para o concello de Cambados, que xa dende finais de 2015 loita contra a pobreza enerxética. En decembro dese ano, o goberno local aprobou un Plan de Emerxencia Social para axudar ás familias con menos recursos.
A intención do executivo cambadés é que os fondos para estes mecanismos cheguen das propias compañías eléctricas. Segundo explicou Xurxo Charlín, están a traballar nunha nova ordenanza fiscal que permita o cobro ás empresas pola ocupación de dominio público.
Segundo os seus cálculos, o cobro desta taxa podería supor entre 30 e 40 mil euros máis ao ano para as arcas municipais. Actualmente o executivo está a estudar a ordenanza, que pretenden levar ao pleno do mes de febreiro para a súa aprobación.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/03/cambados_fegamp_luz_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/03/cambados_fegamp_luz.mp4{/flowplayer}