Noia perfila os detalles dunha plataforma de venda on-line e reparto a domicilio

NOIA> O BNG de Noia valorou moi positivamente a reunión da mesa de comercio local para a adecuación da plataforma de comercialización online de Noia Histórica. A intención dos nacionalistas é ampliar este servizo a tódolos empresarios, asociados ou non, que aposten pola venda e reparto a domicilio.

Na última sesión plenaria, o BNG de Noia deixou sobre a mesa a súa proposta para a creación dunha plataforma de venda online ante as suxestións doutros grupos de convocar previamente unha reunión da mesa de comercio local. Dita xuntanza tivo lugar a pasada tarde na que se acordou non crear un novo espazo web senón adecuar e ampliar o marketplace con que xa conta a asociación Noia Histórica.

Os membros da mesa quedaron convocados a unha nova xuntanza para o próximo 23 de febreiro na que Noia Histórica presentará en detalle a súa proposta.

Por outra banda, os nacionalistas apostan pola renovación da composición da mesa de comercio abrindo a participación a outros colectivos como os vendedores da praza de abastos ou os hostaleiros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí