Arrancan os cribados poboacionais en tres farmacias pontevedresas

PONTEVEDRA> As farmacias pontevedresas comezaron hoxe a realizar un cribado poboacional. En concreto, foron 3 os establecementos que puxeron en marcha esta proba piloto. O obxectivo: identificar o virus nas persoas asintomáticas.

Esta é unha das farmacias que hoxe puxo en marcha o cribado poboacional. Unha proba piloto para identificar o virus en persoas asintomáticas que está dirixido aos cidadáns de entre 40 e 64 anos.

O proceso para participar no cribado é moi sinxelo. En farmacias coma esta entrégase un tubo de mostras a todos os interesados e son eles mesmos os que teñen que facer a proba no seu domicilio.

O cribado non comezou ata media tarde, cando chegaron todos os tests pero o certo é que esta proba piloto espertou un gran interese entre toda a veciñanza.

Este é sen dúbida un paso máis para poder detectar o virus e así tratar de frear a terceira onda.

A proba piloto púxose hoxe en marcha en seis farmacias da provincia, tres en Pontevedra (Farmacia Campolongo, en General Rubín; Farmacia José Negreira, en Pintor Laxeiro; e Farmacia Loreto Iglesias, en Monte Porreiro) e tres en Vigo, pero a partir do luns estenderase a máis de 200.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí