PONTEVEDRA> A Fundación Meniños traballa xa para cumprir cos obxectivos do programa “(En)Volve”. Unha campaña coa que se pretende conseguir agasallos para todos os nenos pontevedreses. Este ano, os Reis Magos contan xa cuns 600 cómplices.
Os cómplices dos Reis Magos traballan xa arreo no programa “(En)Volve” para que ningún neno pontevedrés se quede sen agasallos durante o Nadal. Nesta ocasión, a pandemia obrigou a adiantar a campaña.
Ademais de adiantar os prazos, a Covid obrigou tamén a levar a cabo un procedemento máis telemático do habitual.
A Fundación Meniños tiña moitas dúbidas de cómo se ía a desenvolver esta campaña, xa que temían que a pandemia complicase aínda máis o seu traballo. Así e todo, a solidariedade dos pontevedreses é máis visible ca nunca e a Covid non conseguiu apagar a súa ilusión.
Os cómplices dos Reis Magos irán entregando durante os vindeiros días o resto de agasallos. Todos os que queiran participar poden facelo a través das redes da Fundación Meniños ou nos teléfonos 678 75 49 33 e 604 08 14 72.