PONTEVEDRA> Os bombeiros de Pontevedra estrean equipamento. Incorporan á súa flota de vehículos un novo camión nodriza, con tecnoloxía única en todo o Estado. O vehículo conta cun dron de última xeración, que pode votar ata os 45 metros de altura. Supón, aseguran dende o corpo, unha mellora importante na loita contra os lumes forestais.
Un novo camión con tecnoloxía de última xeración e incluso cun dron incorporado. É o novo equipo co que contan os bombeiros de Pontevedra para loitar contra o lume, pioneiro no Estado.
A principal novidade é precisamente o dron que trae equipado. Trátase dun dispositivo que pode voar ata unha altura de 45 metros e que permanece unido ao camión cun cable. Ademais, ofrece unha visión xeográfica e térmica.
Este é o primeiro vehículo forestal do corpo de bombeiros de Pontevedra. Conta cunha capacidade de 3.500 litros de auga. Deles, 500 resérvanse para un sistema de autoprotección.
A adquisición deste novo camión nodriza supuxo un investimento de case 400.000 euros.











