PONTEVEDRA> A Asociación Pola Defensa da Ría volve a celebrar, un ano máis, a marcha contra celulosas. A cita é o domingo día 16 ás 12:00 horas con saída dende as alamedas de Marín e de Pontevedra. A agrupación está convencida de que esta será a última que se celebre coa presenza de Ence en Lourizán.
O obxectivo está claro: botar a Ence de Lourizán. Para elo, a Asociación Pola Defensa da Ría volverá a saír un ano máis a rúa para esixir a anulación definitiva da prórroga da pasteira. Un feito que podería estar más cerca tras o achandamento da Avogacía do Estado á prórroga concedida por Mariano Rajoy.
Este ano os carteis cambiaron o tradicional lema de “Marcha contra celusosas” pola frase “Eu tamén vou a marcha”. Un cambio co que a asociación quere demostrar o seu convencemento de que esta será a última manifestación que se celebre coa presenza de Ence na Ría.
Da posibilidade de que os traballadores boicoteen esta marcha, o presidente cre que sería un gran erro.
A marcha este ano sairá ás 12 horas dende as alamedas de Marín e Pontevedra. A asociación cambia o horario porque quere darlle unha visión máis lúdica. Por iso, á hora de xantar, a manifestación converterase nunha gran festa na que haberá polbo e churrasco. E aínda que todos están convencidos de que conseguirán botar a Ence de Lourizán, o certo é que aínda haberá que agardar á resolución da Audiencia Nacional. A asociación pontevedresa non descarta recorrer a dita resolución se non é acorde coa decisión que tomou a Avogacía do Estado.