A Deputación esperta “Fame de Experiencias” en Madrid

PONTEVEDRA > A presidenta da Deputación de Pontevedra presentou unha nova campaña promocional que pretende espertar a Fame de Experiencias na capital de España.

A campaña turística “Fame de Experiencias” chega a Madrid. A presidenta da Deputación presentou esta mañá novas accións de promoción que se levarán a cabo no centro da capital. Con vistas á Semana Santa,  a institución provincial promoverá a provincia de Pontevedra a través de 20 mupis repartidos nos intercambiadores de transporte público máis importantes da cidade.

Xa de cara ao verán, o Goberno provincial tamén levará a cabo unha campaña no aeroporto de Barajas.

Xunto a estas accións de publicidade exterior, Carmela Silva adiantou que a campaña “Fame de experiencias” estará tamén proximamente situada na pantalla de Callao, en Madrid, e no centro de Barcelona.

2 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí