A empanada de Cipriana e outras ‘receitas de avoas’ recuperadas polo Carlos Oroza

[

PONTEVEDRA> Recuperar e homenaxear o receitario das avoas. Este é un dos traballos no que durante tres cursos se volcaron os alumnos e alumnas do Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza, en Pontevedra. A iniciativa comezou no 2019 e, tras varios paróns pola covid19, esta semana puideron por fin facer a gran estrea, e servir no seu restaurante estas receitas tan especiais elaboradas por eles mesmos.

Son receitas escritas a man, que recollen os pasos e tamén os segredos de moitos dos pratos que saen dende sempre das cociñas das nosas avoas. Hoxe foron seguidas polo alumnado do centro Carlos Oroza.

Todo estes anos de traballo onte e hoxe tiveron a súa culminación. No restaurante do Carlos Oroza serviuse un menú elaborado con estas receitas recuperadas da memoria de nais, tías ou avoas.

Esta receita de empanada de bacallau de Cipriana non foi a única, pero si quizáis a máis especial da xornada de hoxe. Ela estivo no restaurante mentres seu neto Adrián ocupábase dos fogóns para preparar este prato.

Un momento especial para ambos pero tamén un reto para Adrián. Porque o listón estaba ben alto.

Grazas a esta actividade, el xa coñece os segredos para facer a típica empanada de bacallau da súa avoa que a partires de agora quedará conservada para sempre neste receitario tan especial do Carlos Oroza.