Pontevedra acollerá este mes a primeira Feira de Saúde e Benestar

PONTEVEDRA> Chega PonteSan á capital da provincia. A primeira feira de saúde e benestar. Un evento no que se dará a coñecer o traballo dunha trintena de asociacións do ámbito sanitario e que converterá á cidade do Lérez nun referente deste sector.

Pontevedra acollerá este mes a I Feira de Saúde e Benestar. PonteSan chega á cidade do Lérez para dar a coñecer o traballo de diferentes asociacións do ámbito sanitario e dar visibilidade a numerosas enfermidades.

Ademais de contar con charlas e coloquios de diferentes profesionais, PonteSan contará tamén cunha trintena de postos de asociacións sen ánimo de lucro.

A feira terá tamén un apartado no que se realizarán diferentes probas médicas aos asistentes. Iso si, todas as actividades que se leven a cabo neste evento contarán coa máxima seguridade.

PonteSan levarase a cabo os días 25, 26 e 27 de setembro na Praza de España. Días nos que Pontevedra se converterá nun referente nacional da saúde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí