A piques de provocar un accidente

As fortes rachas de vento provocaron esta tarde a caída de dun eucalipto sobre a Autovía que une Cambados e Vilagarcía.

Os ocupantes dun Audi A4 que viaxaba cara Cambados viuse sorprendido pola caída de dun eucalipto, namentres circulaba.  Por sorte as árbores caídas non eran moi grandes e o vehículo pasou por riba das súas ramas sen sufrir apenas danos.  Ata o lugar desprazáronse efectivos de Protección Civil e os bombeiros do parque comarcal do Salnés, quenes cortaron a árbore e limparon a estrada para evitar novos accidentes.