Finalmente non hai acordo entre Deputación e Xunta para o futuro do Pazo de Lourizán

Pontevedra> Finalmente ENCE non executará o centro de Investigación Forestal que tiña plantexado para o Pazo de Lourizán, polo menos de momento. Trala reunión entre Xunta e Deputación, que tivo lugar esta mañá, quedou claro que dende a administración provincial non van a permitir que este espazo de dominio público sexa utilizado para un plan dunha empresa privada como neste caso é ENCE. 

 

Moito ruído e poucas noces. Ese podería ser o título da curtametraxe que hoxe puidemos ver na Deputación de Pontevedra. Tras meses de mensaxes a través dos medios de comunicación hoxe por fin Xunta e Deputación mantiveron unha reunión para falar do futuro do Pazo de Lourizán. Ambas institucións falaron da cordialidade e sinceridade deste encontro pero do que finalmente non atoparon  ningún punto en común. Dende a Deputación teñen claro que o Pazo de Lourizán  é un espazo público e non van a permitir a xestión do mesmo por parte dunha empresa privada. A Presidenta e o vicepresidente dixeron esta mañá que colaboración 100 por 100 coa Xunta pero 0 con empresas privadas en relación a este espazo. 

Dende a Xunta de Galicia lamentan este posicionamento por parte da Deputación e din que farán todo o posible para que o Centro de Investigación Forestal que tiñan pensado levar a cabo dende ENCE dentro do seu PACTO AMBIENTAL se quede na provincia. Xa que segundo dixo esta mañá Alfonso Rueda trátase dun espazo de referencia a nivel internacional. 

 A Xunta ten a concesión do Pazo ata o ano 2021. Dende a administración autonómica dixeron que de seguir no poder estarían encantados de continuar con dita xestión. Pola súa banda Carmela Silva e César Mosquera informaron de que o vindeiro luns 27 de febreiro manterán unha reunión co presidente da Xunta na que falarán, entre outros, deste asunto. Aínda que o posicionamento denden a Administración Provincial é claro, aposta polo público neste Pazo de Lourizán. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/13/reunion_pazo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/13/reunion_pazo.mp4{/flowplayer}