PONTEVEDRA> O instituto Valle Inclán forma parte do programa de escolas embaixadoras do Parlamento Europeo e, polo tanto, dende fai dous anos celebra o Día de Europa dun xeito especial. Nesta ocasión os alumnos de 4º da ESO, coa colaboración de diversos artistas da cidade, adornarán 29 árbores da Alameda de Pontevedra e cada un deles representará un país da Unión Europea.
Converter a Alameda de Pontevedra nunha gran Alameda Europea. Ese é o obxectivo do instituto Valle Inclán con motivo da celebración, o vindeiro 9 de maio, do Día de Europa. Os alumnos de 4º da ESO, coa colaboración de diferentes artistas da cidade, adornarán 29 árbores para que cada unha delas represente un país.
Arredor de 120 alumnos do centro están implicados neste proxecto co que se pretende estimular o coñecemento de Europa e das súas institucións entre a xente nova.
Esta non é a única actividade organizada para celebrar o Día de Europa. Un concerto en diferentes linguas a cargo dos alumnos de 2º e 3º da ESO, unha representación da obra “Refuxiodiados” no Teatro Principal ou un Flashmob. Esas son algunhas as accións que se levarán a cabo este xoves para dar a coñecer as diferentes culturas e países de Europa dun xeito divertido e dinámico.