PONTEVEDRA> O ocio nocturno pontevedrés, indignado co Ministerio de Sanidade. O sector non entende as condicións que se queren impoñer dende o goberno central para permitir a súa reapertura. Normas como o peche ás tres da mañá e non permitir o baile dentro dos locais fan inviable a súa actividade. Mentres eles defenden que son o garante dun ocio nocturno seguro, alonxado das festas privadas e dos botellóns.
Pechar ás tres da mañá e prohibir o baile dentro dos locais. Estas son as dúas normas máis polémicas que o Ministerio de Sanidade quere impoñer ao sector do ocio nocturno para permitir a súa reapetura.
Estas condicións volven tirar polo chan o ánimo dun sector afogado dende o comezo da pandemia. Insisten en que son o garante dun ocio nocturno seguro, alonxado das imaxes que deixan as festas privadas e os botellóns.
Pesa especialmente a incertidume, e a falta dun plan específico e claro para permitir que o sector recupere a actividade.
Tamén critican a falta de diálogo á hora de deseñar estas normas, sen contar coa opinión de representantes do sector do ocio nocturno.