‘Os Palleiros’ pide que o exdono de ‘Life’ entre en prisión

PONTEVEDRA> A Protectora de Animais Os Palleiros quere que o exdono do can Life entre en prisión. O home foi condenado a unha pena de sete meses e 14 días de cadea por un delito de maltrato animal, unha sentenza que o avogado da asociación considera exemplar. A intención é que a decisión sente precedente nestes casos.

 

Para Os Palleiros, a sentenza que condena a sete meses e 14 días de cadea ao exdono do can Life por maltrato animal, é unha vitoria. 

Life fora rescatado polo Seprona a piques de morrer nunha finca de Salcedo, despois de semanas sen comer nin beber. Segundo Garnelo, durante o xuízo o acusado non amosou arrepentimento, e insistiu en alegar falta de medios económicos para atender ao animal. 

A intención de Os Palleiros é que o exdono de Life chegue a entrar no cárcere, aínda que son conscientes de que non existen precedentes. De feito, un caso semellante que viviu a asociación, rematou cunha multa de 400 euros para o acusado de maltrato.

O condenado ten ata o 24 de febreiro para presentar recurso a esta sentenza, que tamén o obriga a aboar case 1.500 euros á asociación, para cubrir os custos que supuxo o tratamento de Life. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/13/valoracion_sentenza_life_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/13/valoracion_sentenza_life.mp4{/flowplayer}