“O Plan Revitaliza é un fracaso”

PONTEVEDRA >  O Partido Popular presentou esta mañá os datos ofrecidos pola Sociedade Galega do Medio Ambiente que demostran que Pontevedra é a provincia que máis residuos envía a Sogama. Algo que, segundo esta agrupación política, pon de manifesto que o Plan Revitaliza é un fracaso.

O grupo provincial do Partido Popular denunciou esta mañá que Pontevedra é a provincia que máis gasta no modelo de compostaxe e, sen embargo, a que peor datos ten. As cifras presentadas por Sogama demostran que o concello incrementou a cantidade de residuos no último ano, o que pon de manifesto, segundo Ángel Moldes, os malos resultados do Plan Revitaliza.

Ademais, o Partido Popular critica que a Deputación de Pontevedra leve gastados máis de 10 millóns de euros no Plan Revitaliza e, sen embargo, os dous concellos da provincia que máis reduciron os envíos a Sogama foron Marín e Vilanova, xusto os dous que non pertencen a este programa.

Ángel Moldes quixo deixar claro que dende o grupo provincial non xulgan a compostaxe, senón o modelo impulsado pola Deputación.

Das 724 toneladas de lixo enviadas a Sogama no ano 2018, o 80% corresponde aos concellos do Plan Revitaliza. No caso da cidade de Pontevedra, a bolsa negra aumentou en 91 toneladas no último ano.

 

 

Comments are closed.