Medio cento de propostas culturais integran o ‘Rúas Vivas’ que arranca este sábado en Noia

NOIA> Mañá dará comezo en Noia o programa Rúas Vivas que encherá o municipio de propostas culturais durante todo o verán. Son medio cento de actividades dirixidas principalmente a público familiar que se desenvolverán en distintas localizacións ó aire libre.

Hai máis de dúas décadas nacía en Noia o Rúas Vivas, un programa cultural que se desenvolve durante os meses de xullo e agosto co obxectivo de dinamizar diversos espazos do municipio ó tempo que favorece á hostalería posto que soen ser entre semana.

Unha foliada será a encargada de inaugurar o programa que inclúe este ano propostas de maxia, cine en familia e música que se irán alternando en diferentes espazos como a praza da Constitución, o Curro, a Alameda e algunhas rúas do casco histórico.

Chegará a súa fin o 31 de agosto cunha novidade: a celebración du entroido do verán por primeira vez en Noia, do que se darán máis detalles cando se aproxime a data.